lunes 6 de julio de 2009

REBULIR ACTUACIÓNS VERÁN 2009

E seguimos... nas vindeiras datas podedes vernos por:

- 25 e 26 de Xullo - Festival en Tordoia ( A Coruña )
- 2 de Agosto - Festival Internacional de Pinheiros-MonÇao (Portugal)
- 19 e 20 de Setembro - Festival Internacional Xuvenil de Cacia-Aveiro (Portugal)

Por suposto estaremos en Romarías e Festas pola Provincia de Ourense, segundo se vaian confirmando iremos informando das datas.

miércoles 1 de julio de 2009

ACTUACIÓN EN GRIXÓ

O Vindeiro Domingo día 5 de Xullo, os músicos de Rebulir estarán de Alborada polo pobo de Grixó en Ramirás, con motivo das súas festas patronais. Comezaremos as 10:30 da mañá nun percorrido polo pobo e xa as 12:00 do mediodía daremos outra volta pola sesión vermut.
Tras esta actuación comezaremos a preparar o Festival de Tordoia (A Coruña) ata onde nos desprazaremos o día 25 de Xullo, voltando o 26.

martes 30 de junio de 2009

II CONCURSO DE FOTOGRAFÍA ANTIGA


A Escola de Baile e Música Tradicional “Rebulir” de Ramirás, en colaboración co Concello de Ramirás e o Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo Fernández da Deputación de Ourense, convoca o “IIº Concurso de Fotografía Antiga”, plantexándose os seguintes obxectivos: Recuperar a memoria fotográfica do Concello de Ramirás e a súa comarca, fomentar a investigación, recolleita e indagación entre os participantes e servir de base para estudar as costumes, traxes, instrumentos, oficios... etc que eran tradicionais na zona. Estará regulado polas seguintes

Bases:

1. Os interesados poderán participar a nivel individual ou como colectivo, asociación cultural, grupo folclórico, etc.

2. Admitiranse fotografías tanto en branco e negro coma en cor, realizadas con anterioridade a 1980 e que teñan algún tipo de relación co Concello de Ramirás e limítrofes (Comarca Terras de Celanova).
3. O concurso terá unha única categoría e dous premios especiais :
- Premiarase a Mellor Colección de Fotografías

- Premios especiais:
a. Mellor Fotografía
b. Fotografía máis antiga

4. Premios :
Premios a Mellor colección de Fotografías



- 1º Premio: Cámara Dixital. + lote libros fotografía C.C.P. Xaquín Lorenzo + Diploma
- 2º Premio: Equipo de música + lote libros fotografía C.C.P. Xaquín Lorenzo + Diploma
- 3º Premio: Un lote libros fotografía C.C.P. Xaquín Lorenzo + Diploma

Premio especial a Mellor Fotografía
- Equipo de música + lote libros fotografía C.C.P. Xaquín Lorenzo + Diploma

Premio especial a Fotografía máis antiga.
- Equipo de música + lote libros fotografía C.C.P. Xaquín Lorenzo + Diploma


5. A mesma persoa non poderá recibir máis de un premio, prevalecendo sempre o Premio xeral ante os especiais. Neste caso entregarase o premio especial a seguinte persoa ou colectivo seleccionado.

6. O xurado será nomeado pola Escola de Baile e Música Tradicional “Rebulir” e as súas decisións serán inapelables.
7. As fotografías deberán ser remitidos á Escola de Baile e Música Tradicional “Rebulir” no seguinte enderezo:



Escola de Baile e Música Tradicional Rebulir
Praza de San Andrés S/N.
CP: 32810. Vilavidal – Ramirás (Ourense)

Ou ben ao Concello de Ramirás no seguinte enderezo:

Concello de Ramirás
O Picouto. s/n. 32810.
Ramirás - Ourense

e serán entregadas nun sobre con pseudónimo. Noutro sobre pechado serán incluídos os datos do participante: Nome, Enderezo, Teléfono ... etc e máis os datos referidos á fotografía segundo a ficha que acompaña estas bases.



8. A data límite de presentación dos traballos será o día 31 de Agosto de 2009.



9. Unha vez que o xurado falle os premios, daranse a coñecer a través da páxina web da Escola de Baile e Música Tradicional “Rebulir”, http://www.rebulir.blogspot.com/ , así como a data e lugar de entrega dos premios.



10. As fotografías participantes no concurso poderán ser copiadas pola Organización, para realizar exposicións ou publicacións, facendo referencia en todo caso á súa procedencia.



11. Todas as fotografías poderán ser recollidas polos seus propietarios durante os dous meses posteriores á data de entrega dos premios, no Concello de Ramirás. Unha vez transcorrido ese tempo, os traballos pasarán a ser propiedade da Organización.

12. A participación en calquera das diferentes modalidades deste concurso implica a total aceptación das presentes bases.


miércoles 24 de junio de 2009

REBULIR NO FACEBOOK

Como moitos xa sabedes xa estamos no Facebook, así xa temos outra vía de informar as actividades que facemos e máis por onde andamos. O taboleiro deste grupo serviranos tamén para que deixedes suxerencias e así poder saber a vosa opinión.
Se queredes facervos do grupo de Rebulir podedes facelo a través do seguinte enlace: Facebook Rebulir

FOTOS: FESTA FIN DE CURSO 2009 (20 de Xuño de 2009)

III NOITE DE FIADEIRO (25 de Abril 2009)

FOTOS: MOSTRA DIVERSITAT CULTURAL DE TERRASSA (Marzo 2009)

 
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet