A II Noite de Fiadeiro comeza a ser xa un feito, comezamos a sair en prensa e páxinas, comezamos a recibir correos pedindo información, a xente chama para preguntar... Nótase que entramos na recta final cara o 26 de Abril e de momento temos moitas espectativas en canto a asistencia. Poñemos unha nova enquisa para que valoredes que aspecto/os desta nova edición da Noite de Fiadeiro vos gustan máis.
Durante o transcurso da vindeira semana presentaremos o Cartaz do evento, de momento deixamos os enlaces das páxinas onde comezan a interesarse por nós.
- La Región
- Frouma
- Malmequer
- Mundourense.com
domingo 30 de marzo de 2008
COMEZASE A SABER DA II NOITE DE FIADEIRO
Publicado por
REBULIR
en
30.3.08
0
comentarios
Enlaces a esta entrada
Etiquetas: II noite de fiadeiro, Ramirás, rebulir
sábado 22 de marzo de 2008
A II NOITE DE FIADEIRO EN MARCHA
A un mes da II Noite de Fiadeiro xa temos practicamente ultimados todos os detalles. Recordamos que a data na que imos a celebrala é o derradeiro Sábado de Abril, que este ano é día 26.
Comezaremos arredor das 8:30 da tarde na Praza de San Andrés que estará cuberta cunha carpa e adornada con luces. Na mesma Praza estará un posto de pulpo e unha taberna para poder mollar as gorxas segundo vaia avanzando a noite.
Ata o momento colaboran con nós 10 colectivos:
- Escola Provincial de Danza – Castro Floxo ( Ourense )
- AOFT Gomes Mouro ( Ourense )
- Grupo Coanhadeira – Música en Galego ( Ourense )
- Grupo Folk Vichelocrego ( Ourense )
- Grupo de Baile Tradicional Solpor ( Celanova )
- Grupo de Música Tradicional Airiños do Arnoia ( Arnoia )
- Grupo Pandereteiras Debanadoira ( Maceda )
- Grupo de Música Tradicional MaÇaeda da Limia ( Maceda )
- Grupo de Música Tradicional do Concello de Paderne de Allariz
- Grupo de Pandereteiras Alicornia ( Soutomaior – Pontevedra )
Patrocinándonos O Concello de Ramirás e a Deputación de Ourense. E sempre contamos coa axuda e apoio dos membros, nais/pais , amigos e colaboradores da Escola de Baile e Música Tradicional Rebulir.
Esperamos vervos a tod@s o día 26 Bailando, Cantando, Tocando en definitiva Pasándoo ben. Xa vos avanzaremos mais detalles, porque ai que deixar algunha sorpresa no tinteiro.
Para vir desde Vigo:, pódese coller a saída da A-52 na Cañiza e vir por Cortegada ou por Crecente ata chegar a Vilavidal ( Ramiras ).
Para vir desde Ourense:, coller a OU-540 ata Celanova, e na entrada de Celanova desviarse no primeiro semáforo a dereita e seguir pola OU-531 ata chegar a Vilavidal ( Ramiras ).
As fotos son da pasada edición da Noite de Fiadeiro
Publicado por
REBULIR
en
22.3.08
0
comentarios
Enlaces a esta entrada
Etiquetas: Airiños do Arnoia, Alicornia, castro floxo, coanhadeira, debanadoira, Gomes Mouro, II noite de fiadeiro, Lembranza Solpor, maÇaeda da limia, Paderne de Allariz, Ramirás, rebulir, Vichelocrego
martes 18 de marzo de 2008
REBULIR DE VACACIÓNS EN SEMANA SANTA
Como sabedes, agora na Semana Santa tomámonos unhas vacacións asi que non teremos ensaios. Solo o martes as 5:30 da tarde baile e de 6:30 en adiante gaita e percusións para recuperar o sábado perdido cos adultos. Os ensaios normais voltarán o día 29 con total normalidade.
Pasádeo ben nestas vacacións que ben o merecedes.
Publicado por
REBULIR
en
18.3.08
0
comentarios
Enlaces a esta entrada
Etiquetas: rebulir, semana santa, vacacions
sábado 15 de marzo de 2008
FELICIDADES OS AMIGOS DE COANHADEIRA
O noso grupo amigo Coanhadeira ven de gañar o certame folk "Radio Obradoiro" en Santiago de Compostela. Neste grupo tocan 2 dos mestres de Rebulir, ademais de ter colaborado con nos en diferentes ocasións como a Noite de Fiadeiro.
Desde aqui queremos darlle a nosa Noraboa porque eles realmente váleno, asi que en breve teremos o seu primeiro cd, que seguro que vai rachar. Se queredes saber algo mais deles deixamosvos os enlaces as súas páxinas.
www.Coanhadeira.com
My Space de Coanhadeira.
Publicado por
REBULIR
en
15.3.08
0
comentarios
Enlaces a esta entrada
Etiquetas: 2008, coanhadeira, gañadores, radio obradoiro, rebulir
miércoles 12 de marzo de 2008
AVALIANDO O OBRADOIRO...
Onte desenvolvimos o Obradoiro do Traxe Galego que foi unha experiencia bastante bonita e que deixamos aberta a posibilidade de repetilo nun futuro. Asi que a avaliación positiva inda que non asistiran todos os alumnos debido a ser en día de semana, pero inda así estivo ben. Deixamosvos algunha foto dos preparativos previos, e os enlaces onde nos publicaron. Moitas Grazas a todos.
- Periódico La Región
- Malmequer
- Gaiteiros Galegos
- Frouma
- Diario Folk
- Xornal Galicia
- Mundourense.com
Publicado por
REBULIR
en
12.3.08
0
comentarios
Enlaces a esta entrada
Etiquetas: fotos rebulir, obradoiro, traxe galego, traxe tradicional








